Send Your CALL or Congress to fasticongressuum@gmail.com

CALL. 10.09.2018: [POSTERS] Congreso Internacional de Arqueoloxía do Ouro - Lugo (Spain)

16.07.2018

 

go to CONGRESS

 

Expertos internacionais achegaranse a Lugo os días 7, 8 e 9 de novembro de 2018 para participar no Congreso Internacional de Arqueoloxía do ouro que promove o Goberno da Deputación de Lugo. Dámos a coñecer as normas e calendario para a admisión e presentación de pósters, e en setembro, en data a determinar, comunicamos que se abrirá o prazo de inscricións.

 

FECHA LÍMITE/DEADLINE/SCADENZA: 10/09/2018

 

FECHA CONGRESO/CONGRESS DATE/DATA CONGRESSO: 07-08-09/11/2018

 

LUGAR/LOCATION/LUOGO: Museo Provincial de Lugo (Lugo, Spain)


ORGANIZADOR/ORGANIZER/ORGANIZZATORE: Aurelia Balseiro (Museo Provincial de Lugo) ; Beatriz Comendador (Universidade de Vigo) ; Marcos Martinón-Torres (Achaeological Science University of Cambridge) ; Xosé Lois Armada (Incipit-CSIC), e Ana Goy (Universidade de Santiago de Compostela); Museo Provincial de Lugo, Instituto de estudos da Cidade de Lugo.

 

INFO: WEB - PDF - direccion@museolugo.org 

 

CALL: 

 

A este Congreso poderán presentarse os pósters que se axusten aos seguintes requisitos.

1.-Debe comunicarse previamente á organización a través do mail direccion@museolugo.org o título e resumo de contidos para a súa avaliación polo comité científico. Deberán constar o/s nome/s de autore/s co correspondente mail e afiliacións institucionais. O prazo para o envío de propostas remata o 10 de setembro.

2.-O título non debe exceder de 200 caracteres (incluídos espazos) e o resume non debe superar as 10 liñas. Tipo de letra: Times New Roman 12 para o título e 10 para o resto do texto.

3.-Os idiomas dos pósters serán os oficiais do Congreso: galego, castelán e inglés.

4.- No prazo máis breve posible comunicarase a aceptación ou rexeitamento da proposta de póster. A versión definitiva, en PDF ou JPG con imaxes de resolución 300 pp, debe remitirse á organización antes do 20 de outubro. Debe incluír obrigatoriamente o logotipo identificativo do congreso.

5.-Os pósters aceptados serán impresos a tamaño A0 (vertical). Unha vez realizada a súa presentación quedarán en posesión da organización, reservándose esta o dereito da súa futura publicación.

6.- A presentación dos pósters terá lugar o xoves, 8 de novembro, ás 18:00h, no lugar habilitado a tal fin pola organización.

7.-Para poder realizar a presentación do póster proposto e aceptado é obrigatorio ter realizado a inscrición no Congreso.

Please reload

categorías / tags / categorie

Please reload

Fasti Congressuum is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional License
© 2014 by Fasti Congressuum. Proudly created by M. Cristina de la Escosura